Blog

Cheilosia fraterna (Meigen, 1830)

Por Xosé Bergantiños | 25/02/2024

Suborde Brachycera/Cyclorrhapha/Syrphidae/Eristalinae/Cheilosia spec Voa no bosque caducifolio que teña auga; ao longo de regatos e ríos con comunidades marxinais de herbas altas, en bosque aberto (Quercus acidífilo, Fagus húmido). Hábitat e hábitos dos adultos: clareiras e cunetas, xeralmente ao longo de regatos ou ríos. Acode á Caltha, Ranunculus, Stellaria, Taraxacum. Período de voo: abril/xuño e…

Ler máis

Pelecocera tricincta (Meigen, 1822)

Por Xosé Bergantiños | 24/02/2024

Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/ Eristalinae/ Pelecocera spec. Ambiente preferido: bosque de coníferas/terreo aberto, bosque seco de Pinus e tamén en zonas abertas dentro do bosque de Castanea. Voa baixo entre a vexetación terrestre de beiras de pistas, claros, etc. e en breixos ericáceos;. Visita Calluna vulgaris, Cirsium palustre, Hieracium, Leontodon, Narthecium, Potentilla erecta, Ranunculus, Sedum…

Ler máis

Platycheirus albimanus (Fabricius, 1781)

Por Xosé Bergantiños | 23/02/2024

Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/ Syrphinae/ Platycheirus spec. Ambiente preferido: bosque caducifolio, pero esta é unha especie extremadamente antropofílica que se atopa na maioría dos tipos de terras de cultivo, xardíns suburbanos e parques. Clareiras, cunetas, xardíns, sebes; voa entre arbustos e sobre a vexetación de baixo crecemento dos descampados, etc.; os machos flotan a 1…

Ler máis

Xylota segnis (Linnaeus, 1758)

Por Xosé Bergantiños | 22/02/2024

Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/ Eristalinae/ Xylota spec. Localízase na maioría dos tipos de bosques de coníferas e caducifolias; unha especie antropofílica, que tamén se atopa lonxe dos bosques en sebes e xardíns suburbanos. Voa sobre a follaxe dos arbustos; no chan xunto a troncos e tocos de árbores; en troncos talados ou caídos e en…

Ler máis

Melanostoma scalare (Fabricius, 1794)

Por Xosé Bergantiños | 21/02/2024

Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/ Syrphinae/ Melanostoma spec. Ambiente preferido: a maioría dos tipos de bosque húmido (tanto coníferos como caducifolios).Atópase en cunetas, claros, sebes, xardíns, especialmente ao longo dos regatos ou en lugares mal drenados; voa baixo sobre a vexetación e os arbustos; os machos flotan a carón dos arbustos en flor, á sombra debaixo…

Ler máis

Xanthandrus comtus (Harris, 1780)

Por Xosé Bergantiños | 20/02/2024

Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/ Syrphinae/ Xanthandrus spec. En bosques de coníferas: neste caso nun entorno de brañas con Pinus sylvestris. Clareiras e beiras de carreiros, etc., os machos flotan entre 3 e 5 metros. Flores visitadas: umbelíferas; Filipendula, Juncus, Leontodon, Lonicera, Mentha aquatica, Rosa, Rubus, Erica na fotografía.. Voa de de abril a novembro. Está…

Ler máis

Rhingia campestris (Meigen, 1822)

Por Xosé Bergantiños | 19/02/2024

Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae /Eristalinae/ Rhingia spec. Perto de bosques, regatos e lugares de pasto das vacas. É a única das tres especies europeas que está presente en Galicia. Anda voando polos valados, clareiras, cunetas etc.; está activa en condicións nubradas. Visita unha gran variedade de flores, incluíndo moitas flores rosas que ocultan fontes de…

Ler máis

Dasysyrphus albostriatus (Fallén, 1817)

Por Xosé Bergantiños | 18/02/2024

Aschiza/ Syrphidae/ Syrphinae/ Dasysyrphus spec.   Prefire as beiras dos carreiros e as clareiras dos bosques de coníferas e caducifolias. Vai ás flores compostas amarelas e ás umbelíferas brancas; tamén Acer pseudoplatanus, Calluna, Crataegus, Euphorbia, Papaver, Ranunculus, Rubus, Salix, Sorbus, Stellaria, Succisa pratensis, Viburnum opulus. Voa desde principios de abril ata outubro. Dasysyrphus tricinctus (Fallén,…

Ler máis

Riponnensia splendens (Meigen, 1822)

Por Xosé Bergantiños | 17/02/2024

Suborden Brachycera indet./TAXR Cyclorrhapha indet./TAXR Syrphidae indet./Eristalinae indet./Riponnensia spec. Prefiren estar cerca de aguas de movimiento lento e ó longo das marxes dor regatos voando en zigzag. e visitando as flores., como as compostas amarelas; umbelíferas brancas; Matricaria, Ranúnculo. Voa de mediados de xuño até o inicio de setembro. En Galicia tamén foi citado, segundo…

Ler máis

Syritta pipiens (Linnaeus, 1758)

Por Xosé Bergantiños | 16/02/2024

Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/ Eristalinae/ Syritta spec.   Lugares húmidos: pantano, brañas e ó longo da marxe de case calquera masa de auga doce, incluíndo lagos, lagoas, gabias, canles, regatos e ríos; na maioría dos tipos de terras de cultivo, xardíns suburbanos e parques urbanos. Voa baixo, raramente a máis de 1 m do chan;…

Ler máis