Xylota segnis (Linnaeus, 1758)
Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/
Localízase na maioría dos tipos de bosques de coníferas e caducifolias; unha especie antropofílica, que tamén se atopa lonxe dos bosques en sebes e xardíns suburbanos.
Voa sobre a follaxe dos arbustos; no chan xunto a troncos e tocos de árbores; en troncos talados ou caídos e en tocos tanto de frondosas como de coníferas.
Flores: umbelíferas; Corylus, Crataegus, Hedera, Heracleum, Tilia, Viburnum opulus...
Período de voo: de abril ata novembro, con pico en xuño.
En BV hai fotografías de A Coruña, Ourense e Pontevedra. Antonio Ricarte cítao no seu traballo sobre os sírfidos do Courel.