Rhingia campestris (Meigen, 1822)
Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae /
Perto de bosques, regatos e lugares de pasto das vacas. É a única das tres especies europeas que está presente en Galicia.
Anda voando polos valados, clareiras, cunetas etc.; está activa en condicións nubradas. Visita unha gran variedade de flores, incluíndo moitas flores rosas que ocultan fontes de néctar.
Voa de abril e outubro, con picos en xuño e agosto.