Araneus angulatus Clerck, 1757
Información das fotografías
Lugar: Guitiriz Data: 21 marzo 2026 Autor: Xosé Otero (1 e 2)
Lugar: Verín Data: 16 marzo 2026 Autor: Xosé Bergantiños (3 e 4)
Araneido de ampla distribución ao longo do Paleártico, dende Europa a Extremo Oriente e introducido nos EE. UU.
Na península ibérica aparece igualmente ben distribuído e tamén presente nos arquipélagos macaronésicos e nas Baleares.
En Galiza cítase das 4 provincias.
Araneus angulatus subsp. personatus Simon, 1929 é unha subespecie presente tamén no país e a ela dedicouse unha entrada anteriormente nesta mesma páxina.
A. angulatus ten un tamaño medio-grande con machos de arredor de 10 mm e femias que poden chegar aos 20 mm.
Coma as especies da familia Araneidae constrúe unha arañeira orbicular para cazar.