Araneus angulatus var. personatus Simon, 1929
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 15 setembro 2012
Autor: Xosé Bergantiños
Non temos fotografías da forma nominal Araneus angulatus (Clerk, 1757) e so vin a var. personata nesta ocasión, que a fotografei nun entorno de prados e vexetación de ribeira.
E das de maior tamaño na familia Araneidae podendo atinxir os 20 mm a femia e 10 mm o macho.
Característico nela son as cores brancas e esverdeadas que a mimetizan cos liquens.
Eduardo Morano, autor do traballo sobre a familia Araneidae da ligazón de máis enriba, non cíta a Araneus angulatus na provincia de Lugo, aínda que si nas outras tres provincias
Información da fotografía
Lugar: Verín, 16 marzo 2026. Autor: Xosé Bergantiños
Decíamos arriba, cando subimos a variedade personatus, que non tiñamos fotografías da forma nominal pero conseguímos fotografar este exemplar de Araneus angulatus Clerk, 1757en Verín.