Xylocopa cantabrita (Lepeletier, 1841)
Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia APOIDEA/ANTHOPHILA (=»APIFORMES»)/Familia ANTHOPHORIDAE/Subfamilia Xylocopinae/Género Xylocopa Latreille, 1802/Xylocopa cantabrita/




Abellón que se pode ver na primavera no meu xardín. Supoño que fará o niño nas vigas de fora do garaxe ou nas pilas da leña. Téñoo visto tamén nas flores da menta, coma no caso destas fotografías, polo que tamén no final do verán, que é cando florea a menta, aparece.
Pola definición que fai o diccionario de Xerais ben podería referirse a ela co nome de «abáboro ou abázcaro»: «insecto semellante ó abellón que vive nos troncos podres das árbores». Como non especifica a cor tamén podería valer para a Xylocopa violacea. Aínda que -sempre ten que haber un «pero»- no diccionario de X.L. Franco Grande este nome é para o unha avespa grande, o Cravo (Vespa crabro).
A distribución das citas e sobre todo na Península Ibérica e Francia aínda que tamén parece que está citada en Marrocos.
Se cadra non tan grande como outras Xylocopa.
Identificado, coma sempre, en Biodiversidade Virtual.
![]()