Xénero Villa Lioy, 1864

Phylum Arthropoda
Subphylum Hexapoda
Classis Insecta
Ordo Diptera
Subordo Brachycera
Familia Bombyliidae
Subfamilia Anthracinae
Tribus Villini

Pensei que xa publicara todas as fotografías de bombílidos que tiña pero quedaba o xénero Villa do que teño unha morea de imaxes aínda que ningunha especie identificada. Das que subín a Observation algunhas foronidentificadas como Villa hottentotta (Linnaeus, 1758), incluso con unha probabilidade do 100 %, pero non me quedou claro que o fosen nin tampouco ninguén as validou como tales.

 

Son esas moscas de tamaño mediano, tirando a grande, que se ven no chan, sobre todo a partires do mes de xullo, que se levantan e se tiran o chan perto ás veces como cerníndose antes de pousarse. De tonos marróns ou algo cincentos, coas ás medio extendidas. Poucas veces as vin chuchando nas flores ou nas follas.

No artigo sobre os bombílidos da Serra de Béjar de A. I. Sánchez Rodríguez, M. Portillo Rubio e A. Sánchez-TerrónV citan Villa distincta (Meigen, l 838), Villa hottentotta (Linnaeus, 1758), Villa leucostoma (Meigen, 1820). Villa modesta (Meigen, 1820), Villa paniscus (Rossi, 1790), Villa quinquefasciata (Wiedemann in Meigen, 1820) = Villa cana Meigen, 1804 e Villa venusta (Meigen, 1820).

LOS BOMBÍLIDOS (DIPTERA, BOMBYLIIDAE) DE LA SIERRA DE BÉJAR (ESPAÑA)
A. I. Sánchez Rodríguez, M. Portillo Rubio, A. Sánchez-Terrón
Aceptado: 26 junio 2000

Coñezo unha chave de identificación do Xénero Villa pero non é específico para as especies da península ibérica.

As características xerais válidas para o xénero son:

Unha lingua curta.

Ás hialinas (como moito co bordo frontal escuro.

Un abdome cadrado con, para a maioría das especies, bandas de escamas amarelas transversais.

Aparecen en zonas areosas.

Para a identificación das especies, por foto, é sempre recomendable unha vista dorsal e outra de perfil ou 3/4. (para ver o patagium). Corpo a terra.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.