Xénero Polistes

Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia VESPOIDEA/Familia VESPIDAE/Subfamilia Polistinae/Polistes dominula/

Citadas 9 especies no espacio ibérico:

P. atrimandibularis, austroccidentalis, biglumis, bischoffi, dominula, gallicus, major, nimpha, semenowi [= “sulcifer”] segundo Leopoldo Castro. Delas en BV so hai fotografías de Polistes dominula (Christ, 1791) e Polistes nimpha (Christ, 1791) que son as que eu fixen.

Polistes dominula moito máis frecuente que Polistes nimpha pola miña zona. Non me resultan doadas de identificar.

Chámaselles avespas papeleiras porque fan con madeira e cuspe unhos niños en forma de celdas exagonais como acartonados que se poden atopar nos arbustos, xardíns e incluso no exterior das construccións humanas.

Niño de Polistes nimpha en Riós, 18/05/2014

Acuden ó polen das flores, a líquidos doces e capturan outros insectos, xeralmente en forma de eirugas, para alimentar as súas larvas.

Como se aprecia nas fotos son cazadoras, incluso de insectos de moito maior tamaño como neste caso un neuróptero, probablemente un Mirmeleontido.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.