Xénero Phthiria Meigen, 1820

Phylum Arthropoda
   Subphylum Hexapoda
      Classis Insecta
         Ordo Diptera
            Subordo Brachycera
               Familia Bombyliidae
                  Subfamilia Phthiriinae

Só vin especímenes deste xénero unha única vez, son dúas tomas no mesmo lugar, con un intervalo de 30/40 minutos. Supoño que serán da mesma especie.
Na península ibérica hai citadas 10 especies pero non parece posible a identificación por fotografía.
As Phthiria spec. son polinizadoras de Asparagus aphyllus, Calluna vulgaris, Daphne gnidium, Erica ciliaris, Helichrysum picardii, Rosmarinus officinlis, Rubus ulmifolius e Thymus mastichina (entre outras, non citadas no territorio galego).

As fotos están feitas en A Gudiña o 30/07/2016.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.