Xénero Nomada (Scopoli, 1770)

Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia APOIDEA/ANTHOPHILA (=»APIFORMES»)/Familia ANTHOPHORIDAE/Subfamilia Nomadinae/Género Nomada Scopoli, 1770

Primeiro, e fundamental, é que hai que saber distinguir entre machos e femias.

Segundo, e moi inportante, é saber que só na península ibérica debe haber un cento ou máis de especies citadas.

Terceiro, coma sempre, para ver pequenos detalles hai que ter a abella baixo a lupa/microscopio.

Ningunha das Nomada, que aquí poño, está confirmada polo que levarán «cf.» (por confirmar).

Abellas con pinta de avespa, que apenas teñen pelos e que non recollen pole.

Pequeñas ou medianas de tamaño. De cores roxo, negro e amarelo principalmente. As femias teñen mechóns de pelos ou cerdas no extremo do abdome e os machos adoitan ter unha placa pixidial, a miudo con dentes. Morfoloxía da peza bucal longa.

Para distinguir femia de macho:

Femia.- Antenas de 12 artexos, abdome con seis segmentos.

Macho.- Antenas de 13 artexos, abdome de 7 segmentos, cabeza e tórax máis piloso.

Xéneros morfoloxicamente próximos e como distinguilos: Varias abellas con 3 células submarxinais teñen aspecto de avespa e pódense confundir con Nomada cando se miran superficialmente. NomadaEpeolus, Triepeolus, Epeoloides, Ammobates, Ammobatoides, Biastes, Chiasmognathus, Parammobatodes, Pasites & Schmiedeknechtia.

As especies de Nomada teñen unha célula marxinal apuntada preto da marxe da á. Os outros xéneros teñen unha célula marxinal claramente ovalada ou truncada no ápice.

NomadaSphecodes, Ceylalictus, Nomioides e Rophites

As especies de Nomada teñen unha vea basal recta. As especies Sphecodes, Ceylalictus, Nomioides e Rophites teñen unha vea basal claramente curvada.

NomadaAndrena, Hylaeus & Colletes

As especies de Nomada teñen un segundo segmento metasómico claramente máis ancho que o primeiro e pezas bucais de «lingua longa». As especies de Andrena, Hylaeus e Colletes teñen un primeiro e un segundo segmento metasómico de ancho equivalente e pezas bucais de «lingua curta».

A maior parte voa na primavera, pero tamén algunhas fano no verán e outono. Os machos imitan o cheiro da abella hospedeira para atraer ás femias da súa especie e esperan perto dos niños para a cópula. Son cleptoparásitas (“abellas cuco”), poñen o ovo no niño da outra abella e ó eclosionar a larva mata á outra e se alimenta da colleita da abella parasitada.

Texto e imaxes (excepto as da galería inferior que son da nosa autoría) están sacados de algunha das webs seguintes:

Galerías de fotografías.

Loading

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.