Xénero Argogorytes Ashmead, 1899

Probablemente é a entrada á que máis voltas lle levamos dado. Entre que si é A. mystaceus (Linnaeus, 1761) ou A. fargeii (Shuckard, 1837) (voa pola península unha terceira especie, A. hispanicus (Mercet, 1906)), que si non hai clave que nos leve dereitiños á determinación, que si os datos atopados noutras páxinas, todas europeas pero ningunha peninsular, eran ou non suficientes para a identificación, Ata cansar procurando datos, traducindo páxinas no GT, buscando imaxes, mirando patas, tergites, sternites, ..buff!!!, si que lle demos voltas para chegar á conclusión de que era millor poñer Xénero Argogorytes e non especie.

Argogorytes mystaceus

Lonxitude do corpo entre 8 e 14 mm. Sendo os machos máis pequenos-

Cabeza negra con pequenas manchas faciais amarelas.

Antenas negras por completo, as dos machos inusualmente longas.

Tórax negro con colar e mancha amarela no metanoto (terceiro segmento torácico).

Partes inferiores das patas traseiras avermelladas en A. Mystaceus e amarelas en A. Fargeii.

O tergito 1 (prieiro segmento abdominal) é mais ou menos hemisférico e hai un “paso” notable entre os tergitos 1 e 2.

Abdome principalmente negro con tres bandas amarelas, a primeira das cales ás veces está rota.

Hábitat: claros de bosques soleados secos e beiras con vexetación alta.

Aliméntase de hemípteros cercopoideos, especialmente de Philaenus spumarius (Linnaeus, 1758) que usan para povoar as tocas de nidificación escavadas nas marxes secas das clareiras húmidas dos bosques.

As avespas femias visitan Euphorbia amygdaloides, flores umbelíferas e follas de Castanea sativa.

É un importante polinizador de Ophrys insectifera (orquídea non citada na comunidade galega). Os machos son atraídos polas flores que emiten unha feromona como as avespas femias, tentando aparearse coas flores da orquídea e recibindo o polinio da orquídea pegado ás súas costas, que despois poden transferir a outra flor.

Voan de abril ata setembro.

Parasitada pola avispa escavadora Nysson spinosus (J. Forster, 1771) e probablemente polas moscas de carne Miltogramina.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.