Xénero Arge (Schrank, 1802)

No mundo están descritas arredor de 350 especies, en Europa perto de 30 e na Península non chegan a 20. En BV hai fotos de 8: Arge berberidis (Schrank, 1802), Arge cyanocrocea (Förster, 1771), Arge melanochroa ou melanochra (Gmelin, 1790), Arge ochropus (Gmelin, 1790), Arge pagana (Panzer, 1798), Arge pyrenaica (André, 1789) Arge rustica (Linnaeus, 1758) e Arge thoracica (spinola, 1808).

Moi parecidas todas. Con cabeza e tórax negros (ou algo roxo), abdome amarelo ou negro, ás anteriores afumadas ou transparentes, con veas negras e estigma negro, patas negras ou claras, ou con diferencia de cor nas tibias. Por fotografía non é nada doado porque outros sínfitos son parecidos sin ser do xénero Arge polo que a diferencia verase na xenitalia.

 

Os hábitats van dende os xardíns ata lindeiros dos bosques, sebes, prados ou zonas montañosas.

As plantas hóspedes son as roseiras bravas, silvas, espiño, salgueiros, bidueiro, carballo, Filipendula ulmaria, ...

Creo que sempre as fotografei sobre umbelíferas de abril ata setembro.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.