Trichrysis cyanea (Linnaeus, 1758)

Clase Insecta/ Orde Hymenoptera/ Suborde Apocrita/ Infraorde Aculeata/ Superfamilia Chrysidoidea/  Familia Chrysididae/ Xénero Trichrysis

Lugar: Verín, 25 outubro 2026

Autor: Xosé Bergantiños

É unha pequena avespa de cor verde azulado que cleptoparasita outros hymenópteros (Crabronidae principalmente) é que se pode ver ó longo do ano en días quentes. Mide 4 mm. ou algo máis. Para min tira máis ó verde que ó azul aínda que o macho disque que pode ser de cor negra. Máis frecuente nos meses de verán pero con rexistros de abril a outubro. Visita as flores da cenoura brava e o habitual é vela onde aniñan os Trypoxylon.

Esta ía do tronco dun piñeiro a outro que ficaban á beira dun camiño agrícola-forestal que recibían o sol das últimas horas da tarde. Non paraba pousada moito tempo polo que desistín de tentar facerlle unha foto de máis perto.

Procurei citas galegas en internet pero non as atopei pero logo a través da IA vin que podía estar

En GBIF está citada en Zamora e Asturias perto da raia coa Galiza.

Para saber máis sobre o bicho mirade en Bwars e Kerfdier.

 

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.