Toxonevra muliebris (Harris, 1780)

Ordo Diptera/ Subordo Brachycera/ Familia Pallopteridae/ Genus Toxonevra

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 05 xullo 2026

Autor: Xosé Otero

Unha desas entradas para a que tan só poñer nome métete en líos. En Iberfauna aparece como Toxoneura muliebris (Harris, 1780), en Observation.org está validada como Palloptera muliebris (Harris, 1780) e en GBIF e no COL (Catalogue Of Life) Toxonevra muliebris (Harris, 1780) como nome aceptado e os dous anteriores como sinónimos. Ti elixes.

É un paloptérido duns 4 mm, cun carecterístico padrón nas ás, orixinario de Europa e introducido e asentado en Norteamérica (SO do Canadá e NO dos EE UU).

Vive baixo cortizas de certas especies de árbores onde se alimenta de detritos de escaravellos da familia Dermestidae inda que se sospeita tamén que pode alimentarse das larvas destes mesmos escaravellos. As poboacións norteamericanas, especialmente, son observadas con frecuencia en ambientes domésticos onde poderían vivir e predar sobre “escaravellos das alfombras”.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.