Tibellus sp. Simon, 1875

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 03 maio 2014

Autor: Xosé Bergantiños (foto 1)

Data: 20 maio 2026

Autor: Xosé Otero (foto 2)

 

Do xénero Tibellus descríbense 53 especies aceptadas na actualidade das que 7 aparecen en Europa (máis unha subespecie) e 3 están citadas na Península Ibérica: T. macellus Simon, 1875, T. maritimus (Menge, 1875) e T. oblongus (Walckenaer, 1802).

En Galiza cítanse 2 especies (T. macellus e T. oblongus) segundo a base de datos do GIA, mentres que nos rexistros de GBIF atopamos tan só observacións de T. oblongus e númerosas entradas que non chegan ao nivel de especie (Tibellus sp.).

Distribución escasa en Galiza con observacións nas 4 provincias.

Encadradas na familia Philodromidae Thorell, 1869, as 3 especies nomeadas teñen un tamaño que vai dende os 5 mm dos machos máis pequenos até os máis de 12 mm das femias maiores. O opistosoma longo e estreito e deseño con bandas lonxitudinais o mesmo que no prosoma, dalle unha aparencia aínda máis alongada. Cores amareladas e acastañadas discretas.

Fotografámola só en Guitiriz.

 

de Biurrun, G., Prieto, C., Baquero, E. ArachnoMap, una herramienta para difundir el conocimiento del taxón Araneae en la Península Ibérica y Baleares. Revista Ibérica de Aracnología, vol. 40 (30/06/2022): 2-3. Online at: http://sea-entomologia.org/gia/map [Accessed on: 10/06/2026]

Tibellus Simon, 1875 enGBIF Secretariat (2023). GBIF Backbone Taxonomy. Checklist dataset https://doi.org/10.15468/39omei consultado a través de GBIF.org el 10-06-2026

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.