Therion circumflexum (Linnaeus, 1758)
Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección «PARASITICA»/Superfamilia Ichneumonoidea/Familia Ichneumonidae/subfamilia Anomaloninae/Therion Curtis, 1829
Segundo puiden ler «Thrion circumflexum» ven a significar algo así como «Therion = besta ou demo» «circumflexum = doblado», da familia «Ichneumonidae = cazador ou rastreador»
Normalmente muy malo de fotografar porque «navega» entre as herbas altas e matorrais sin pousarse de tal xeito que non é facil tirarlle unha foto. Mais dunha vez os perseguín (se cadra era algún moi parecido) durante un bo bocado até que desaparecía ou me cansaba.
Este foi fotografado de mañán moi cedo, en Verín 0 14/05/2016, cando aínda o sol non lle aquecera o corpo para poder voar.
Poñen ovos en eirugas de couzas (Sphinx ligustri, Notodonta ziczac, …) cando nace a larva esta vaise alimentando das partes non vitais. Din que Darwin dixo algo como: “ I cannot persuade myself that a beneficent and omnipotent God would have designedly created the Ichneumonidae with the express intention of their feeding within the living bodies of caterpillars .” (Que ven a dicir algo así cómo: Non podo entender que un Deus benvolente e omnipotente puidera crear adrede ós Ichneumonidae coa intención expresa de que se alimentasen dos corpos vivos das eirugas) (Que me disculpen os traductores).
A verdade é que son un excelente control de plagas.