Syrphus ribesii (Linnaeus, 1758)
Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/
Prefire terras de cultivo, hortas, terreos hortícolas, xardíns e parques suburbanos, plantacións de coníferas; tamén na maioría dos tipos de bosques caducifolios e de coníferas.
Hábitat e hábitos dos adultos: xardíns, beirarrúas, claros, sebes, etc.; voa ata 5 m do chan; os machos flotan a 2-5 m.
Flores visitadas: visita unha ampla gama de flores amarelas, brancas, rosas e azuis.
Voa entre marzo e mediados de novembro con picos en maio e agosto.
Está citado en A Coruña, Lugo e Pontevedra, e en Ourense tamén porque a foto está tomada na contorna do Castelo de Monterrei.
Tamén está citado o Syrphus torvus (Osten-Sacken, 1875) en Lugo e posiblemente en Ourense (se se confirmase que o é o da imaxe que presento), ademáis do Syrphus vitripennis (Meigen, 1822) que voa en A Coruña, Lugo e Ourense.