Superfamilia Vespoidea: familias e subfamilias. Tribos e xéneros
Orde Hymenoptera, suborde Apocrita (os que teñen cintura estreita, non coma os da suborde Symphita)
Nesta suborde Apocrita o aparello ovopositor está modificado, nunhos transformouse en aguillón (Aculeata) e noutros en trade para facer furados e poñer os ovos dentro de madeira, terra, presa,...(Parasitica).
Entre as superfamilias de Apocrita está Vespoidea.
Hai máis familias das que poño nas imaxes (como Rhopalosomatidae ou Sierolomorphidae) pero non teñen presencia no noso entorno. E das aquí postas, por exemplo da subfamilia Masarinae, so está citada Celonites abbreviatus (en Mondariz).
Según que taxónomo se siga así será a clasificación porque, xa se sabe, cada maestriño o seu libriño.
A clasificación que seguimos aquí é a de Iberfauna.