Superfamilia CHRYSIDOIDEA

Unha única familia con presencia en Galicia (e na península ibérica), CHRYSIDIDAE, con dúas subfamilias, Chrysidinae e Cleptinae. A suffamilia Chrysidinae ten tres tribos: Chrysidini, Elampini e Panorpini.

E paramos por aquí porque as dúas primeiras teñen unhos cantos xéneros e a da Panorpini so voa unha especie no país.

Este sería o esquema:

Superfamilia CHRYSIDOIDEA

  Familia CHRYSIDIDAE

    Subfamilia CHRYSIDIDINAE

       Tribo CHRYSIDINI

       Tribo ELAMPINI

       Tribo PANORPINI

  Familia CLEPTINAE (oito especies presentes na península ibérica pero descoñezo que se hai citas galegas).

Ó ser tan colorida é un dos hymenópteros que máis veces fotografei, probablemente un par de centos de fotos.

Tan chamativas son que merquei un libro para ver se era quen de identificar algunha pero quiá!

No día de hoxe aínda non adiantei gran cousa.

Tampouco debe ser cousa doada facelo por foto porque das que subín a BV so identificaron 3 ou 4 e en Observation non pasan de » Avespa dourada indet.», poucas veces chegan a Chrysididae.

IDENTIFICACIÓN

Está claro que para a identificación das distintas especies é necesario o estudo pormenorizado, incluso con lupa ou microscopio, da anatomía da avespa.

Unha Omalus aeneus (Fabricius, 1787) pode medir de lonxitude 2 mm. ata un máximo dos 15 mm da Stilbum cyanura (Forster, 1771).

Polo que habería que capturalas, algo que no meu caso está fora de lugar, limitándome moito porque a fotografía crea moitas dúbidas aínda no caso de presentar o exemplar desde múltiplos ángulos.

O libro Chrysididae  de Elvira Mingo, investigadora do CSIC, describe cada unha das 170 especies ibéricas coñecidas nos anos ’90 do século XX, 15 delas endémicas da península.

Non encontrei ningunha clave para identificar as especies da península fora da do seu libro, unha italiana, outra británica e outra nórdica ou dos países do Báltico.

Son insectos que dependen do sol, difícil velos en días grises, fríos ou con chuvia.

Aliméntanse de néctar, zume de algunhas árbores e do líquido doce de algúns pulgóns.

Non viven máis alá de dous meses.

Poñen os ovos nos niños doutros himenópteros, daí o nome de avespas cuco (As Cleptes póñeno sobre a larva ou pupa do tentridinido).

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.