Sobre a nomenclatura das especies

Hai unhos días falaba cun amigo do “caprichosa” que pode parecer algunha nomenclatura, a frecuencia coa que se cambian os nomes das especies ou o ego de científicos por pasar á historia porque nomearon un bichiño.

Hai anos fixera unha entrada para unha versión antiga de bolboretas.org, que aínda non se chamaba así (isto de cambiar os nomes das cousas parece que se contaxia), e daí saquei a idea desta entrada, xunto coa conversa do principio.

Aha ha é unha especie de avespa australiana , nomeada polo entomólogo Arnold Menke en 1977 a modo de broma. Menke describíu varios anos despois do seu descubrimento cómo, cando recibíu un paquete dun colega que contiña especímenes de insectos, exclamou «Ajá, un novo xénero», e o seu colega entomólogo Eric Grissell respondeu «ja » dubitativo.

Cando o lín por primeira vez pensei que viña da expresión Ajá ja (que se transcribiría en galego como Aghá gha e que ven a dicir algo así como “Por fin, pilleite!” ou “Así que sí, eh!”

Como o meu coñecimento no tema é escaso emplázovos á lectura de calquera/todos os artigos e páxinas que vos presento:

1. – Recontextualizar o estilo de denominación na nomenclatura de Paul Rummy e Jessica Thevamalar Rummy.

2.- O Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica débese millorar drásticamnete aantes de que sexa demasiado tarde de Alain Dubois.

3.- Unhos poucos científcos (malos) ameazan con derrubar a taxonomía de Benjamin Jones

4.- Vandalismo taxonómico e o problema de Raymond Hoser por Darren Naish.

5.- De Beyonce a Carmen Electra: ¿Qué inspira os nomes dos insectos?

Se alguén ten interese pola nomenclatura curiosa non ten máis que visitar a fantástica páxina de Mark Isaak: Curiosities of Biological Nomenclature .

«Mola mola» tamén. Mola mola (peixe globo) é a mesma pronuncia que o coreano «몰라 몰라», que significa «non sei, non sei».

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.