Prionyx kirbii (Vander Linden, 1827)

O nome Prionyx provén das palabras gregas "Prion" (serra) e "Onyx/Onychus" (garra), que fan referencia ás terminacións en forma de serra nas patas do bicho..

De algo menos de 20 mm de longo pódese atopar de xuño a setembro (nunca a vin antes de xullo nin tampouco en setembro).

A femia fura coma un barreno coas mandíbulas nun lugar despexado de vexetación, logo paraliza un saltón co ferrete, méteo na toba e deposita un ovo. Cando eclosiona a larva aliméntase da presa.

(As 2 últimas ligazóns son de vídeos de YT)

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.