Platnickina tincta (Walckenaer, 1802)

Especie da familia Theridiidae Sundevall, 1833 con distribución holártica.

Na península ibérica presente de xeito irregular faltando de amplas áreas, de Andalucía ou Castela por exemplo.

En Galiza moi escasamente citada faltando da provincia de Ourense.

De pequeno tamaño, como tantos outros therídidos, cos seus 2,5 – 4 mm dos machos e 2,5 – 4,2 mm das femias, moitas veces non se repara na súa presenza.

Da súa selección de hábitat podemos ler na web Arácnidos Ibéricos que viven principalmente en distintos tipos de bosques aínda que se atopan en variedade de hábitats, dende dunas até xardíns.

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz

Data: 18 outubro 2026

Autor: Xosé Otero

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.