Phortica (Phortica) cf. variegata (Fallén, 1823)

Clase Insecta/ Orden Diptera/ Familia Drosophilidae/ Xénero Phortica

Estas mosquiñas que che rondan pola cabeza e á frente dos ollos cando vas por un camiño entre frondosas, con un zonido fino que che fai aspaventalas unha e outra vez, resultan ser vectores dun parásito, a Tellazia callipaeda, causante de enfermidades dos ollos.

Polas beiras do río Támega é moi común, sobre todo na segunda metade do verán e no principio do outono. Moi frecuente velas pousarse, a moreas, na pálpebra inferior dos ollos dos cans. os que non parece molestarlles demasiado. A min, dado que levo gafas, non adoitan pousarseme na beira dos ollos onde procuran as bágoas.

Non teño a absoluta certeza de que sexa esta especie porque a Phortica semivirgo (Maca, 1977), tamén presente en Lugo e Ourense, é moi parecida. A P. variegata tamén está citada en Pontevedra.

Información da fotografía

Lugar: Verín, 06 setembro 2026

Autor: Xosé Bergantiños

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.