Philaeus chrysops (Poda, 1761)
Especie de distribución paleártica, en Europa chega ás illas británicas e ao sur de Escandinavia. Polo leste até o extremo oriente.
Na Península é frecuente en case todo o territorio agás na franxa máis próxima ao litoral da cornixa cantábrica e o litoral atlántico, con excepcións.
En Galiza son escasos os rexistros e repartidos irregularmente nas 4 provincias.
O macho adulto viste un rechamante opistosoma de cores negro e laranxa-avermellado a vermello. Femias e xuvenis teñen cores máis crípticas.
Non hai moito consenso en canto ao tamaño dos individuos desta especie pero das fontes consultadas ( Arácnidos Ibéricos, Aranea.enmbe.ch, wikipedia..), pódese deducir que está entre os saltícidos ibéricos que poden acadar un maior tamaño. Tanto femia como macho medirían 7-12 mm, podendo haber máis raramente machos de 5 mm.
Información das fotografías
Foto 1 macho Lugar: Verín Data: 09 maio 2012 Autor: Xosé Bergantiños
Foto 2 macho Lugar: A Mezquita Data: 01 xuño 2011 Autor: Xosé Bergantiños
Fotos 3-4 femia Lugar: Guitiriz Data: 27 xullo 2026 Autor: Xosé Otero