Orquídeas galegas
Das aproximadamente 90 especies presentes na Península Ibérica en Galicia lévanse atopado unhas 40 (hai quen di que máis de 50). Algunha moi díficil dar con ela caso da Pseudorchis albida (L.), que aínda non vin.
En xeral son de pequeno porte, aínda que a Himantoglossum hircinum (L.) (1ª da fila de abaixo ou Epipactis palustris (L.) poden ter un tamaño de máis de medio metro), e non tan vistosas a primeira vista como poidera parecer nas fotografías.
As provincias de Lugo e Ourense son as que teñen maior número de especies e, en concreto, as zonas de O Courel, Pedrafita, Monforte e Sober, bisbarra de Valdeorras, concas do Sil e Bibei e areais costeiros, sobre todo dunas, serían as zonas onde se poderán achar maior número de especies.
Nesta galería incluiremos tamén algunha fotografada en terras portuguesas.
Para rematar lembrar que non se deben danar, arrincar ou recoller.
Disfrutemos da experiencia de sair á súa procura, atopalas e descubrir de que orquídea se trata.
Recomendaría tres libros:
Guía das Orquídeas de Galicia, de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena, Baía Edicións, 2006, ISBN 10: 849652678X ISBN 13: 9788496526785.
Flora Ibérica, Vol XXI, Smilacaceae-Orchidaceae. Real Jardín Botánico, CSIC, 2005, I.S.B.N: 84-00-08305-9
Guía de las Orquídeas de España y Europa, Pierre Delforge, Lynx Edicions, 2002, I.S.B.N.: 84-87334-38-5.