Orde Orthoptera
Ano de saltóns, ano de perdices, dicíase hai 50 anos na miña vila. Hoxe ir pola beira dun prado de sega
e que vaian brincando a moreas dun lado para outro coma antes é cousa difícil. Case o mesmo se pode dicir dos grilos que denantes tiñan furados e furados nas poulas e hoxe hai un aquí e outro acolá.
A diferencia de outros insectos, os saltóns teñen unha metamorfose incompleta, que incluie so tres fases: ovo, ninfa e adulto. Non teñen unha etapa de pupa.
Curioso, disque o canto dos grilos pode indicar a temperatura do ambiente, é a Ley de Dolbear: T= (Cpm/5) – 9
A S.E.A publicou na Revista IDE@ – SEA, nº 46 un especial sobre os orthópteros similar á dos hymenópteros.
Check-List of European Orthoptera.
Na lista roxa de invertebrados actualizada aparecen as seguintes especies:
En perigo: Arcyptera brevipennis (Brunner von Wattenwyl, 1861), Acrostira euphorbiae (García y Oromí, 1992), Kurtharzia sulcata (Bolivar, 1912), Saga pedo (Pallas, 1771) e Steropleurus squamiferus (Bolívar, 1907)
Vulnerables: Dericorys carthagonovae (Bolivar, 1897), Omocestus femoralis (Bolivar, 1908), Platypygius platypygius (Pantel, 1886), Dolichopoda bolivari (Chopard, 1915), Baetica ustulata (Rambur, 1838), Canariola emarginata (Newman, 1964) e Steropleurus squamiferus (Bolívar, 1907)
European Red List of grasshoppers, crickets and bush-crickets.