Orde Neuroptera
A Orde Neuróptera non ten unha gran presencia no meu álbum fotográfico.
Crisopas, formigas león, ascaláfidos, algún membro das familias Coniopterygidae, Dilaridae, Hemerobiidae, Mantispidae,..., son os neurópteros que aparecen nas fotografías de Biodiversidade Virtual.
Poucos traballos coñezo sobre os Neurópteros galegos, un de Víctor J. Montserrat, catedrático daquela de Zooloxía en Madrid, publicado no Boletín de la Sociedad Española de Entomología (Vol.2, pax. 169-184 - Salamanca, diciembre de 1978), co nome de Contribución al conocimiento de los Neurópteros de "Orense" (Neu. Planipennia)). Nel menciona 42 especies diferentes de 1753 exemplares recolectados, mangueando e varexando, non fala de ter utilizado trampas de luz pola noite. Montserrat publicou tamén un traballo similar en 1985 na USC co nome de Contribución al conocimiento de los Neurópteros de Lugo pero non fun quen de conseguir unha copia.
Juan José Pino Pérez, da Facultade de Bioloxía de Vigo, publicou no Boletín BIGA 16 (2018) Algunos Neurópteros (NEUROPTERA: ASCALAPHIDAE Y NEMOPTERIDAE) de la colección de artrópodos de Lourizán. Nel fala dos 4 Libelloides que se poden atopar na xeografía galega e de nemoptera bipennis que foron capturar a Zamora.
Outro traballo do que teño coñecimento é sobre os ascalafidae (familia da suborde Myrmeleontiformia), máis ben de Libelloides e Puer maculatus (unha única cita coñecida en todo o país). está feito por Rey-Muñiz, X. L. et al. co nome de Aportación ó Atlas de Ascalaphidae (Insecta, Neuroptera) de Galicia e publicado na revista Braña da SGHN.
Eu, aparte dos 4 libelloides que voan pola Galiza, teño identificado por BV ou Observation algunha formiga león e algunha crisopa, moi pouca cousa. A ver se os colaboradores aportan algunha cousa máis.