Orde diptera II
Phylum arthropoda/ Subphylum Hexapoda/ Clase Insecta /Orde Diptera
Se cadra esta debeu ser a primeira entrada pero tampouco pasa nada. Como din os portugueses son só unhas pequenas “dicas” (apuntes, comentarios, curiosidades)
Diptera porque só teñen dúas ás membranosas, as outras dúas transformaronse en halterios.
Balancíns ou halterios (descoñezo se hai unha palabra galega) son pequenas estructuras en forma de maza (ás modificadas) que saen detrás das ás.
Suborde Brachycera (“moscas”): en grego cornos curtos en referencias ás antenas.
Orthorrhapha: antenas máis curtas que o tórax con tres segmentos.
Suborde Nematocera (“mosquitos”): teñen antenas longas e finas.
Os machos teñen ollos xuntos (holópticos) e as femias separados (dicópticos).
As moscas teñen o sentido do olfato a través das patas.As moscas frotan as patas para limpalas, eliminando as partículas que se lles pegaron ó pousarse en distintos lugares.
A teoría dí que os mosquitos pican máis ós que teñen un bafo con maiores niveles de CO2.
J.W. Meigen (1764 – 1845) está considerado o pai da dipteroloxía, excelente dibuxante, describiu máis de 3000 taxóns de dípteros. Entre 1818 e 1838 publicou os sete volumes de Descripción sistemática dos insectos de dúas ás coñecidos (Systematische Beschreibung der bekannten europäischen zweiflügeligenInsekten) de onde proceden as imaxes aquí presentadas.