Ophrys sphegodes (Miller, 1768)

Outra orquídea con moitos diseños diferentes de labelo polo que sería máis apropiado falar de grupo "sphegodes". Nas que medran en Galicia localízanse polo sureste lucense e noreste ourensán xa que nos complexos dunares do litoral norte hai unha orquídea parecida á que recentemente lle puxeron o nome de Ophrys kallaikia C.E. Hermosilla.

Determinante para unha identificación correcta é coñecer cal é o himenóptero polinizador que no caso da O. sphegodes estarían confirmados Andrena (Melandrena) nigroaenea ssp. nigrosericea, Andrena limata, Andrena (Plastandrena) bimaculata ssp. lichata (Hymenoptera, Andrenidae).

O noso, en principio, é facer fotografías e está fora do noso cometido apañar abellas para o seu estudo polo que saber de que orquídea se trata non vai ser posible con total certeza en algunhas ocasións.

Na fila de abaixo hai unha flor con sépalos e pétalos rosados, outra con sépalos e pétalos verdes e con reborde do labelo verdoso e unha terceira con sépalos verdosos e pétalos tirando a rosado. A primeira e a segunda están fotografadas na Serra da Enciña e da Lastra no mesmo local, case unha ó pé da outra. E isto sen nos meter agora coas fotogrfadas en 2007 en Ortigueira que tentaremos poñer en Ophris kallaikia (parecidas a O. sphegodes pero que pasarón por Ophrys araneola, Ophrys incubacea ou Ophrys passionis.

 

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.