Ophrys speculum (Link, 1800)
BV Flora Ibérica/BFI División SPERMATOPHYTA/BFI Angiospermae/BFI Orchidaceae/BFI Ophrys/BFI Ophrys speculum s.l.
En Portugal erva-abelha ou abelhão.
Unha das Ophrys portuguesas que non se atopan no noso chan.
Descrita por Link a partir de plantas atopadas en Setúbal. Pierre Delforge no seu libro sobre as orquídeas europeas fala de tres subespecies: subesp. speculum, subs. vernixia ou lusitanica e subs. regis-ferdinandii, pouco para o que eu esperaba vendo a cantidade de variedades e subspecies para outras Ophrys.
Comencemos pola última, a Oprhrys regis-ferdinandii (Renz (Buttler), da que di que o labelo é moi estreito é convexo e que os sépalos laterais son lineais máis longos que anchos e manchados. Algo parecido a isto, que non digo que a sexa nin tampouco que me pareza que haxa que andar con tantas variedades/subespecies (pero quen sou eu para diicr nada ó respecto). En flora ibérica nin a nomean.
Agora a Ophrys speculum subsp. speculum, a prototipo e a de labelo de aspecto máis agraciado. Na que o este é máis ancho e arredondado, os lóbulos laterais máis pequenos e a pilosidade máis densa. Algo coma isto.
A terceira é a Ophrys vernixia ou lusitanica (Brotero) na que sobre todo destacan eses lóbulos laterais do labelo longos, o labelo central estreito e alongado e menor pilosidade.
Na imaxe de baixo: á esquerda un labelo perpendicular ó tallo da planta máis propio de Ophrys speculum subsp. speculum e á dereita un labelo de Ophrys vernixia co labelo paralelo ó tallo.
Xa para rematar aquilo que parece mistura de unhas e outras ou non se parece tanto ou parece unha dexeneración. A da direita nin debe ser unha anomalía de O. speculum pero póñoa polo parecido das estrías e a cor verdosa do labelo.
O insecto polinizador é unha avespa, a Dasyscolia ciliata. Estaba convencido de ter unha fotografía dela pero non fun quén de atopala, ou está entre os ficheiros perdidos ou é unha ilusión da miña parte.
Todas as fotografías están tomadas ó sur de Coimbra nun espacio que non chega probablemente a unha área de 10×10 Km, entre os anos de 2003 e 2010.