Ophrys scolopax (Cavanilles)
BV Flora Ibérica/
Se cadra habería que decir grupo Scolopax porque coma quen di non hai dous labelos iguais.
Flor da abella en galego e en portugués flor-dos passarinhos. O de scolopax parece que ven do latín (galiñola) pola forma do ximnostemio, en castelán abejera becada.
Presente só no sureste lucense e noreste ourensán, en Portugal distritos litorais do centro, no Baixo Alentejo e no Algarve.
As fotos son de 2005, 2006, 2007 e 2011, as catro primeiras de terras galegas (serra da Enciña da Lastra) e as outras da Beira Litoral portuguesa.
A segunda da primeira fila, hipocrómica, que fotografei varios anos no mesmo lugar.