Onychogomphus forcipatus (Linnaeus, 1758)
Na Galiza é moito menos común que Onychogomphus uncatus (Charpentier, 1840) ó contrario que no resto de Europa..
Son especies moi parecidas. O deseño do costado do tórax con liñas confluintes no caso de O. uncatus e menos marcadas as liñas inferiores en O. forcipatus.
As dúas fotografías están feitas o mesmo día a poucos metros unha da outra. Está realizada no Río Búbal, concello de Oimbra, e non a volvín a ver, co agravante de que hai 3 anos ardeu todo a ambas beiras do río.