Odonatos
Da A até a Z
A de Anisóptera, son odonatos que manteñen as ás abertas en posición de repouso. De maior tamaño.
B de barón Michel Edmond de Sélys Longchamps (1813-1900), belga nacido en París, que está considerado como o Fundador da Odonatoloxía
C de cabaliños, nome galego para a suborde Zygoptera.
D de donceliñas, nome galego das especies da familia Coenagrionidae
E de exuvia que é o exoesqueleto larvario que queda ó emerxer o adulto
F de J.C. Fabricius que foi quen lles puxo o nome á orde dos Odonata (dente de mandíbula)

G de Gomphus graslinii delarada pola Xunta en perigo de extinción.
H de historia (están presentes na Terra desde hai máis de 300 millóns de anos.)
I de insectos, que é o seu alimento tanto de larvas como de adultos aínda que poden chegar a comer alevíns ou cabezolos.
K de 50 kilómetros por hora de velocidade ó que chega algunha.
L de libélula que ven do latín libella: balanza
M de Macromia splendens declarada pola Xunta en perigo de extinción

N de número de especies no mundo, arredor de 6000.
O de Oxigastra curtisii declarada pola Xunta en situación de vulnerabilidade.

P de pose de obelisco ou de percha, que é o lugar onde se pousan, para espreitar, quentarse ou refrescarse.
Q de queixa polo deterioro dos seus hábitats naturais pola acción humana e a falta de interese institucional en prevenir e corrixir as desfeitas.
R de ríos e regatos que, con presas e humidais, son os lugares onde se desenrola principalmente a vida destes insectos.
S de súper visión, teñen aproximadamente 30.000 ollos (onmatidia) aínda que non ven tan nítido coma nós pero o seu ángulo de visión e de 360º.
T de posición de tándem.
U de unha de lendas.
V de vida, entre semanas a anos como larvas e escasos meses como adultos ou de verán que é a estación do ano no que maior número de especies se ven.
W de William Kirby, pai fundador da Entomoloxía moderna, ó que o barón lle adicou a Trithemis Kirbyi
X da Xunta, que sacou dous decretos sobre as especies ameazadas pero non parece ter moito interese (Decreto 88/2007 e Decreto 167/2011)
Z de Zigóptero que son os odonatos que colocan as ás xuntas cando están pousados. Mais pequenos.

- Base de datos de libre consulta sobre odonatos ibéricos
- Orde Odonata na revista IDE@ da S.E.A.
- Los Odonatos ibéricos de la colección del MNCN
- Blog das libeliñas de Galicia
- Photographs of European dragonflies and damselflies
- Dragonflies and Damselflies in and around Europe
- European red list of Dragonflies
- Actualización del inventario provincial de odonatos
- Libélulas de la gran senda de Málaga y provincia
Nomes galegos para as libélulas (orde Odonata) da Península Ibérica
Cosme D. Romay et al.