Nysson cf. spinosus (J. Forster, 1771)
Classis Insecta/ Ordo Hymenoptera/ Subordo Apocrita/ Superfamilia Apoidea/ Familia Crabronidae/ Subfamilia Bembicinae/ Tribus Nyssonini/ Genus Nysson
Hai como unhas vinte especies de Nysson na península ibérica, tres de elas (N. dimidiatus Jurine, 1807, N. spinosus (J. Forster, 1771) e N. trimaculatus (Rossi, 1790)) na Galiza, descoñezo datos concretos.
En GBIF non hai rexistrada ningunha cita de ningunha especie de Nysson no noroeste da península. Supoño que será debido a que son especies con fenotipo similar que precisan de determinación en man tras captura.
Femia de maior tamaño (8-12 mm) que o macho.
Vive en bosques húmidos e na súa contorna. É unha especie parásita de Argogorytes mystaceus e tamén A. fargeii depositando os ovos nos niños, aínda que tamén pode parasitar especies do xénero Gorytes, Ichneumon e algunha mosca sarcofagidae. Os adultos aliméntanse de néctar de apiáceas. Lotus, ...
Información das fotografías
Lugar: Viana do Bolo
Data: 16 Xuño 2024
Autor: Xosé Bergantiños