Metellina cf mengei (Blackwall, 1869)
Phylum Arthropoda/ Subphylum Chelicerata/ Classis Arachnida/ Superordo - incertae sedis - (Arachnida)/ Ordo Araneae/ Subordo Araneomorphae/ Superfamilia Araneoidea/ Familia Tetragnathidae/ Genus Metellina
Información da fotografía
Lugar: Guitiriz
Data: 02 abril 2026
Autor: Vicente Roura Gómez
De distribución paleártica chega dende o oeste de Europa, incluídas Islandia e illas británicas, até Asia central.
Na Península uniformemente distribuída aínda que con rexistros escasos. Non citada nas Baleares nin na Macaronesia.
De Galiza recollemos un rexistro en Lugo GBIF e tres máis en Pontevedra nas bases do GIA.
É un tetragnátido considerado troglóxeno (ocasionalmente habita covas e ambientes similares) de tamaño pequeno-medio: femias 3,5-7 mm e machos 3,5-5,5 mm.
Complicada a súa determinación por fotografía. As que acompañan esta entrada son de Vicente Roura e foi identificada por Esmond Brown no grupo Arácnidos Ibéricos do fb.