Meromyza cf. femorata (Macquart, 1835)

Ordo Diptera/ Subordo Brachycera/ Familia Chloropidae/ Subfamilia Chloropinae/ Genus Meromyza/ Subgenus Meromyza

Lugar: Laza

Data: 27 agosto 2016

Autor: Xosé Bergantiños

Para os de Iberfauna é Meromyza rufescens von Roser, 1840.

Poucas citas na península ibérica en GBIF, e unha soa en territorio galego que creo se corresponde con esta foto.

Moi pequena, de entre 2 a 4 mm, prefire prados e pasteiros onde haxa gramíneas da familia Poaceae. Voa entre os meses de abril até outbro sendo máis frecuente en xullo e agosto.

A mosca foi identificada como Meromyza femorata en Observation.org pero, dado o parecido que hai entre as distintas especies, para unha determinación segura habería que estudala en laboratorio, daí que poñamos o "cf.".

A foto inferior está feita en Guitiriz, sobre Mentha suavolens, entre un regato e unhos prados e foi identificada na mesma plataforma como Meromyza spec.

Lugar: Guitiriz.

Data: 04 agosto 2019

Autor: Xosé Bergantiños

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.