Meliscaeva spec.
Suborde Brachycera/ Cyclorrhapha/ Syrphidae/ Syrphinae/ Meliscaeva spec.
Dúas especies en Europa que tamén están presentes na península ibérica:
Meliscaeva auricollis (Meigen, 1822) e Meliscaeva cinctella (Zetterstedt, 1843).
A primeira é a que temos fotografada. A segunda non hai rexistros nin en BV nin en GBIF en Galicia pero si aparece entre os sírfidos citados no traballo de Ricarte et al. na Serra do Courel.
Meliscaeva auricollis (Meigen, 1822)
En bosques (tanto caducifolios, de folla ancha perenne como coníferas).
Polas beiras e nas clareiras, etc.; voa ao redor da follaxe das árbores.
Flores visitadas: Moi variada xa sexan umbelíferos brancas como Arbutus unedo, Euphorbia, Filipendula, Hedera, Rubus, Salix, Sorbus, Viburnum opulus.
Voa entre febreiro e novembro.