Megascolia (Regiscolia) maculata flavifrons (Fabricius 1775)

Clase Insecta/ Orde Hymenoptera/ Suborde Apocrita/ Superfamilia Vespoidea/ Familia Scoliidae/ Subfamilia Scoliinae/ Tribo Scoliini/ Xénero Megascolia/ Subxénero Regiscolia

De súpeto, no chan do patio, unha avespa enorme. Unha avespa mamut dirían os ingleses, mínimo 25 mm., Pero non hai cámara, así que co móvil fago unhas fotografías e logo vou pola cámara. Con ela de volta xa non hai avespa. Buscoa,pero non aparece. Polo visto non é preciso ir moi lonxe para atopar bichiños ben interesantes.

Miro en internet e parece Megascolia maculata flavifrons (Fabricius, 1775), citada en Galiza polos irmáns Pino, Juan José e Rubén Pino Pérez, nun artigo publicado na S.E.A. no 2016 por un especimen capturado en Ribadavia no ano 2000. É o himenóptero de maior tamaño de Europa podendo atinxir os 40 mm. Mandeilles a foto a través dun amigo e confirmaron a identificación.

A femia pon un ovo na larva do escarabello rinoceronte (Oryctes (Oryctes) nasicornis grypus (Illiger 1803)) que tampouco é pequeño. Este coleóptero precisa de madeira en descomposición para o crecimento das súas larvas.

Pois por casual que poda parecer en días anteriores tiña atopado un no sótano da casa e pouco despois de ter atopado a Megascolia ,ó vir de volta dun recado e moi perto da casa, atopei outro.

Hoxe en día empeza a ser común atopala polo sur do país, tanto que, en Salvaterra, poñen carteis alertando a poboación de que non as maten, que non é velutina.

Información da fotografías

Imaxe do cartel de Salvaterra de Miño enviada por Juan José Pino Pérez e Rubén Pino Pérez a través dun amigo común.

Fotos da Megascolia

Lugar: Verín

Data: 26 xuño 2026

Autor: Xosé Bergantiños

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.