Megabunus diadema (Fabricius, 1779)

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz (Foto I)

Data: 10 abril 2026

Autor: Xosé Otero

 

Lugar: Aranga (Fotos II-IV)

Data: 07 marzo 2026

Autor: Xosé Otero

Princip. na  Europa atlántica, do oeste de Noruega e illas británicas (e Islandia) ao norte da p. i.

Na Península ocupa a franxa máis setentrional, dende Galiza ao Pirineo oriental.

De Galiza escasos rexistros (GBIF), 1 da Coruña (habería que sumar este e outros, propios, tamén de Aranga) e algún do sur e leste de Lugo máis este de Guitiriz.

Fam. Phalangiidae. Vistoso aspecto, prob. máis abundante do que reflicten os rexistros ao pasar desapercibido polo seu tamaño, cores crípticas e costumes (móvese entre os brións ou nas follas do chan) *(Merino-Sainz et al. 2013).

Tamaño: 3 mm o macho e 4-5 mm a femia, con patas relativamente curtas.

* Merino-Sainz I., Fernández-Álvarez F. A. & Prieto C.E. 2013. Nuevos datos sobre Megabunus diadema (Fabricius, 1779) (Opiliones: Phalangiidae). Revista Ibérica de Aracnología, 22, 102-106.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.