Litta vesicatoria (Linnaeus, 1758)
Clase Insecta
Orde Coleoptera
Suborde Polyphaga
Infraorde Cucujiformia
Superfamilia Tenebrionoidea
Familia Meloidae
Subfamilia Meloinae
Tribo Lyttini
Xénero Lytta
Subxénero Lytta
Información das fotografías
Lugar: Oimbra, 30 maio 2026
Autor: Xosé Bergantiños
Imos montarnos unha película, un film ó estilo da BBC con Sir David Attenborough.
Tarde calurosa lixeiramente abafada pola tormenta que se está formando na redondeza.
Lugar: camiño herboso entre o regato dunha fonte e o monte queimado o ano pasado. Camiño con piñeiros algo quimados, carballos, freixos e algún bidueiro. No final do camiño, antes de que se peche polas xestas e outra leña que non ardeu, unha canle dun antigo muiño e un desnivel de catro/cinco metros ata o rego que baixa da fonte.
Chego cos cans e sento nunha pena que ten de frente unhos freixos asoallados. É por volta das seis da tarde.
Ollo para diante e comezo a ver nas follas do freixo unha morea de insectos verdes e de tons tamén azuis e dourados, metálicos. Son ducias deles que se pousan, voan e volven pousar nas follas.
Decido facer zoom, como non o teño achégome, e sento no fin da canle que fica a algo máis dun metro cámara en man tentando facer fotos do que acontece á frente. É un sin parar de bichos verdes que me regalan un bule bule inquedo que me deixa marabillado. Apenas consigo facer unha foto de xeito. Pasei un bo rato disfrutando.
Parece ser que é Litta vesicatoria (Linnaeus, 1758), un coleóptero meloideo, Insecto Holometábolo pterigota. Tamaño de 12-20 mm. Coñecido fora dos ámetos entomolóxicos por ser usado desde hai centos de anos como afrodisísco, entre outras cousas.