Libelloides hispanicus ( Rambur, 1842)
No sur oriental de Ourense, Riós, A Gudiña e A Mezquita voa a partires de finais de maio primeiro Libelloides hispanicus e logo máis adiante, a mediados de xuño e xullo, aparece o Libelloides longicornis. Algunha vez os teño visto voando nos mesmos espacios. Supoño que tamén estará presente no concello de Vilardevós pero as veces que fun non apareceu.
Está citado en Lugo na parte oriental, en Ourense en grande parte da provincia e unha única cita de 2011 en Pontevedra.