Libelloides coccajus (Denis & Schiffermüller, 1775)
É a especie da que teño menos avistamentos, estas dúas datas e outra máis sen fotografía decente, practicamente no mesmo lugar. Con un certo parecido no deseño das ás co L. longicornis.
Só coñecía a súa presencia no Courel ata que vin o traballo de Rey-Muñiz et al. citándoo nos concellos da contorna, Samos, Becerreá, As Nogais, Cervantes Pedrafita e unha de Rubiá do ano 2018 onde ata daquela non estaba citado, áreas todas de chan calizo.