Libelloides baeticus (Rambur, 1842)


Rubiá, 11/06/2011
Rubiá, 11/06/2011
Rubiá, 03/06/2013

As miñas citas desta especie son todas do concello de Rubiá, na Serra de Enciña da Lastra, a máis temperá o 01/05 e a máis serodia o 11/06. Nos traballos citados na entrada anterior, de Pino e Rey-Muñiz, son de maio ata os primeiros de xullo e amplían a área ata Manzaneda polo oeste e ata O Bolo polo sur, con unha en Vilardevós (Rey-Muñiz 2006) e outra en Celanova (Monserrat 1977). Na provincia de Lugo hai avistamento en Ribas de Sil 1 en 2011), Quiroga (Pino Pérez 2 en 2009) e no Courel (Álvarez Gándara 1 en 2010). Todas as citas dende o ano 2013 son do concello de Rubiá non sei se por estar en regresión ou pola escasa exploración nas outras áreas onde foi visto.

Rubiá, cópula, 01/06/2014

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.