Katamenes arbustorum (Panzer 1799)
Phylum ARTHROPODA/Subphylum HEXAPODA/Clase Insecta/Orden Hymenoptera/Suborden APOCRITA/Sección ACULEATA/Superfamilia VESPOIDEA/Familia VESPIDAE/Subfamilia Eumeninae/Katamenes arbustorum/
Avespa alfareira e pedreira porque xunta pedriñas con lama para facer o niño que pega a unha parede ou ó chan. Dentro coloca eirugas para as súas larvas.
Distribución euroasiática.
Esta é unha femia buscando pedriñas no leito seco do Bubal en agosto de 2016.
Identificada en Biodiversidade Virtual onde é a única fotografía desta especie subida desde a Galiza,
debe haber pouca xente no país interesada en fotografar himenópteros ou polo menos dos galegos que colaboran con BV.