Icius cf subinermis Simon, 1937

Distribución paleártica occidental. Na Península e Baleares irregularmente repartida.

En Galiza é especie con citas escasas faltando de Ourense.

Saltícido de pequeno tamaño con femias de 4,8-5,9 mm e machos de 4,4-4,6 mm. Ademais do tamaño tamén no seu deseño e cores presenta dimorfismo sexual...

Difícil diferenciar de Icius hamatus (CL Koch, 1846) de visu pero en base a algúns caracteres, morfolóxicos e de selección de hábitat, decantámonos por I. subinermis inda que engadindo o “cf” de rigor.

O macho desta entrada foi fotografado á beira pedregosa do río con vexetación herbácea e arbustiva.

No magnífico “El Blog de Isa y Juan” podes ollar unha comparativa entre ambas especies. Tamén podes consultar descricións, fotografías e ilustracións, destas e outras moitas especies na web de Arácnidos Ibéricos ou en araneae.nmbe.ch (ámbito europeo).

Información da fotografía

Lugar: Quiroga  Data: 22 agosto 2026  Autor: Xosé Otero

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.