Ichneumonidae sen identificar

ICHNEUMONOIDEA

ICHNEUMONIDAE

Familias

BRACONIDAE

Son moitas as subfamilias de ichneumonidae das que non teño, ou non sei se teño, exemplares para mostrar polo que deixaremos a clasificación para outro dí.

No mundo coñécense 24.000 especies de ichneumónidos pero descoñezo se alguen sabe unha cifra aproximada das que pode haber na península.

Son himenópteros estilizados con antenas de 16 ou máis partes e abdome longo e estreito. As femias portan no extremo do abdome un ferrete ovopositor para introducir o ovo no hóspede.

Son importantes no control de plagas porque parasitan coleópteros, dípteros, outros himenópteros e lepidópteros, depositando o ovo na larva do insecto.

Se alguén sabe identificar algún dos especímenes das fotografías ficaríalle agradecido se mo dixese.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.