Hoplitis (Hoplitis) adunca (Panzer, 1798)

Hymenoptera/ Subord. APOCRITA/ ACULEATA/ Superfamilia APOIDEA/ Anthophila/ Megachilidae/ Megachilinae / Hoplitis spec.

 

Especie de abella de aspecto robusto, que voaba baixo nun espacio areoso e seco, pousándose sempre, por pouco tempo, no mesmo lugar.

Atópase nunha variedade de hábitats secos que teñen unha abundancia de lugares de nidificación adecuados: gravas, terrazas de videirass abandonadas, hábitats artificiales...

Período de voo univoltino. Mediados de xuño ata finais de xullo,  ata setembro segundo condicións ambientais.

Aniña en cavidades existentes en antigas galerías de escaravellos en madeira morta, cunchas baleiras de caracois, en talos ocos de plantas, e en tobiñas de niños de diversos aculeados.

Visita sobre todo plantas da especie Echium sobre todo Echium vulgare (Linnaeus, 1753).

Echium vulgare (Linnaeus, 1753) fotografada moi perto do lugar onde foi vista a Hoplitis adunca (Panzer, 1798). No mesmo hábitat hai plantas de outra especie, Echium plantagineum.

Reino Plantae/ Subreino Tracheobionta/ División Magnoliophyta/ Clase Magniliopsida/ Subclase Asteridae/ Orde Lamiales/ Familia Boraginaceae/ Xénero Echium

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.