Familia Crabronidae Latreille, 1802

"Crabro", do latin, que significa avespón e "-idae" que é a terminación que se emprega para determinar as familias na taxonomía. Nada que ver con bode ou castrón por moito que se asemelle. Tamén hai quen lles chama avespas de cabeza cadrada ou avespas da area (cousas de ingleses: sand wasps).

Depredan, parasitan e polinizan.

Fan os niños no chan, nos tallos das herbas ou na madeira. As larvas aliméntanse de outros artrópodos paralizados, que carretan os adultos para os niños, os adultos nútrense de néctar.

Pódense atopar en todo o mundo, sempre que se dean as condicións para a construcción do niño e existan presas para alimentar as crías.

Mini review of the family Crabronidae

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.