Exoprosopa rivularis (Meigen 1818)

Filum Arthropoda, Subfilum Hexapoda, Clase Insecta, Orden Diptera, Suborden Orthorhapha, Familia Bombyliidae/ Subfamilia Anthracinae/Tribu/Exoprosopini

Exoprosopa rivularis (Meigen, 1820) ou Heteralonia rivularis (Meigen, 1820)?

Mandoume Xosé Otero esta fotografía, feita en xullo de 2023 no concello de Rubiá, que lle identificaron en Observation cmo Exoprosopa rivularis. A miña resposta é que non vexo en Biodiversidade nin en Fauna Ibérica tal especie. El di que aparece en GBIF aínda que non hai citas no cadrante noroeste. Pregunteille se non sería Heteralonia, porque se me parece,  pero insiste en Exoprosopa polo que así a poño como tal.

Ó final penso que se cadra os dous temos algo de razón si se le o texto dos comentarios nesta fotografía de Biodiversidade.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.