Eratigena atrica (Koch, 1843)

Información da fotografía

Lugar: Guitiriz, 14 xuño 2026   Autor: Xosé Otero

En sitios web de natureza coma iNaturalist fálase de “complexo Eratigena atrica” dado a dificultade da súa separación doutras dúas especies practicamente idénticas que comparten área de distribución europea en boa medida: E. duellica (Simon, 1875) e E. saeva (Blackwall, 1844).

De Galiza só atopamos rexistros (1 AraIb-GIA e 2 GBIF), moi escasos, do noroeste da Coruña e das Rías Baixas.

Araña grande moi vencellada a ambientes domésticos que adoita impoñer respecto entre as persoas con aracnofobia polo seu tamaño, máis aparente polo robusto das súas patas. Sobra dicir que non supón perigo algún para a xente.

Os machos miden entre 10-14 mm e as femias 11-16 mm de lonxitude corporal pero como diciamos a lonxitude e robustez das súas patas fan que se perciba coma unha araña realmente grande.

1 de Biurrun, G., Prieto, C., Baquero, E. ArachnoMap, una herramienta para difundir el conocimiento del taxón Araneae en la Península Ibérica y Baleares. Revista Ibérica de Aracnología, vol. 40 (30/06/2022): 2-3. Online at: http://sea-entomologia.org/gia/map [Accessed on: 16/06/2026]

2 Eratigena atrica (CLKoch, 1843) enGBIF Secretariat (2023). GBIF Backbone Taxonomy. Checklist dataset https://doi.org/10.15468/39omei consultado a través de GBIF.org el 16-06-2026.

Deja un comentario

Debes iniciar sesión para escribir un comentario.